Éxito na presentación de ESTAMOS NO VERÁN!!!

Categoría: Nova

Na mañá do martes, Xoán Curiel e a súa banda Son + de 2 subiron ao escenario do Teatro Principal de Santiago para, nun patio de butacas ateigado de nenos e nenas, interpretar, nunha hora de concerto, moitos dos temas presentes no libro disco que acompaña a novela de Charo Pita, 'Estamos no verán!!!' e que, ilustrada por Iván R., inaugura a colección Sonárbore + grandes.
Os nenos e as nenas gozaron saltando, bailando, ensaiando as coreografías e repetindo os coros das pegadizas cancións que, a ritmo de rock, funky, bossa nova ou blues, saíron da guitarra de Xoán Curiel. A propia Charo Pita foi convidada a subir ao escenario a cantar unha das cancións.
No noso blogue deixamos unha completa galería fotográfica de tan feliz e musical xornada.

Comparte nas túas redes sociais ou por email