Hoxe celébrase o Día de Rosalía de Castro

Categoría: Nova

Hoxe, día 24 de febreiro, conmemórase o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis importante do Rexurdimento galego, así como a máis popular das autoras do país. Unha figura que non precisa de moitas presentacións, pois a súa inmensa personalidade, unida de forma indisoluble a Galicia, segue a inspirarnos cada día.
Loitadora, reinvidicativa e moi orixinal, así é a súa voz, a través da cal, en poemarios coma Cantares gallegos e Follas novas, a lingua galega volveu acadar cotas de alta calidade literaria logo de varios séculos de completa escuridade.
Unha muller que foi e será un exemplo de amor pola lingua e a terra. Sempre viva en nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email