19,90€

mercar

Cantares gallegos

Rosalía de Castro

A obra fundacional do Rexurdimento, 35 poemas de amor á terra e á lingua galegas.

A primeira obra moderna da literatura galega está formada por trinta e cinco poemas baseados en versos populares. A través deles Rosalía traza pasaxes líricas nas que se suceden o costumismo, a poesía amorosa e a sátira, sempre dende a perspectiva do amor pola cultura popular e rural de Galicia. Trátase dun texto fundamental na literatura galega, polo seu contido e pola súa significación.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 348
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 14 x 21 cm.
  • Data Publicación : 1995-04-01
  • Colección : Dombate (Poesía)
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-938-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Castro, Rosalía de
Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885) é a escritora máis importante do Rexurdimento galego, así como a máis popular das autoras do país. A súa figura aparece na actualidade unida de forma indisoluble a Galicia. É autora en galego dos poemarios Cantares gallegos e Follas novas, cos que a lingua galega volveu acadar cotas de alta calidade literaria logo de varios séculos de escuridade. Ademais publicou en castelán obras en verso e en prosa.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR