“Akna. Os mariñeiros da terra de xeo”, un berro de amor á natureza

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia publica Akna. Os mariñeiros da terra de xeo, un álbum ilustrado para a cativada, nado da escrita de Peio Lopez-Iturri e as cores de Irati Merino Petralanda.
A protagonista, Akna, é unha nena inuit que se fai preguntas sobre a natureza que a rodea. Cavilacións que desenvocan nunha idea fundamental: o xeito en que nós coidemos a nosa contorna será como nos coide a Nai Terra.
Así é como coidan ela e a súa familia, cazadores de baleas, a espazo no que viven. Cazan unha soa balea ao ano, por que? Pregúntase Akna…
Este libro é un berro de amor polo medio ambiente, os seres vivos, a liberdade… Hai moitas maneiras de vivir dun xeito respectuoso coa Nai Terra, iso teno claro a nosa protagonista. A que esperades para ler o libro? Unha historia diferente que nos enche de aire fresco e esperanza.

Comparte nas túas redes sociais ou por email