Galaxia publicará a Poesía Reunida de Luísa Villalta

Categoría: Nova

Ao longo deste ano, a Editorial Galaxia publicará, na colección Letras Galegas Clásicos, o libro de Luísa Villalta, Pensar é escuro. Poesía reunida, en edición do crítico literario Armando Requeixo.
Esta obra amosa a luz e talento dunha muller imprescindible nas nosas letras. Completa a homenaxe que rendemos dende a Editorial Galaxia á figura da artista que, xunto con O outro lado da música, a poesía, axuda a que o público poida achegarse máis ao legado da música e poeta. Coa súa ollada, comprendemos mellor a nosa historia literaria e, nomeadamente, a lírica.
Villalta foi unha das escritoras chave na transición entre as xeracións poéticas dos 80 e dos 90. Pioneira da virada feminista da poesía galega da época, publicou catro libros. En concreto (2004) no ano da súa morte, 2004. Luísa Villalta tiña entón 47 anos.
Foi poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista. É autora dalgúns dos títulos esenciais da nosa poesía, como Música reservada.  Foi colaboradora asidua da revista GRIAL ou a Festa da palabra silenciada.
Este ano, o colectivo feminista A Sega escolle a escritora e filóloga como A Nosa Señora das Letras deste ano e salientando o seu compromiso.
“Celebrámoste desde ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo, dese pobo que foxe de si mesmo, dunha literatura, dunha lingua, no foro da cultura. Ti, na liberdade, da contra-ética do poder, indican desde A Sega no manifesto.
A Nosa Señora das Letras é un título creado hai xa nove anos para destacar a figura daquelas mulleres que contribuíron á cultura galega en xeral e, sobre todo, á literatura.
Esta iniciativa do colectivo comezou en 20014, cunha dedicatoria a Dorothé Schubarth.  2014, dedicándollo a  Dorothé Schubarth. Ao longo dos anos foron destacadas María Victoria Moreno, María Xosé Queizán, Patricia Janeiro, Marica Campo, Inma Antonio e Xela Arias.

Comparte nas túas redes sociais ou por email