OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
![]() Xela Arias (Sarria, 1962 - Vigo, 2003) foi unha poeta que publicou libros esenciais como Denuncia do equilibrio, Tigres coma cabalos ou Darío a diario, dedicado ao seu fillo, en que aborda a maternidade cunha mirada afastada do tratamento tradicional. A súa derradeira obra, publicada en 2003, Intempériome, converte a desobediencia e a transgresión en palabra poética. Autora sempre comprometida, puxo a súa voz en mobilizacións cívicas como a da marea negra do Prestige e en favor da lingua galega. Traballou como editora e como docente de secundaria. Traduciu para o galego desde o inglés, italiano, portugués e castelán autores como Bram Stoker (Drácula), Roald Dahl (As bruxas), Angela Carter (Venus negra), Gianni Rodari (Contos ao teléfono), Carlos Oroza (Caballum) e Jorge Amado (O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor), entre outros. En 2021, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas. OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies
ACEPTAR