Galaxia estará no Culturgal ata o domingo

Categoría: Nova

Velaquí a programación do noso derradeiro día na Feira das Industrias Creativas:
ESPAZO LIBRO
13 h. 20 anos da catástrofe do Prestige. Conversa arredor do vinte aniversario do Prestige. Participará Xosé Manuel Pereiro, autor de Tal como foi, tal como fomos, e Santi Domínguez, autor de Cando choran as Cíes, coordinados por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
17 h. Presentación dos libros Espantallo amigoMemorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, publicados na colección Lectura Fácil de Editorial Galaxia, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de galicia.
Asistirán Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, secretario xeral de Política Lingüística, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
18:30 h. Sinatura con Arantza Portabales arredor da súa obra. A autora firmará exemplares como Deixe a súa mensaxe despois do sinalBeleza vermellaA vida secreta de Úrsula Bas, ou o seu recente Sobrevivindo. (Stand de Galaxia)
Todo o programa está dispoñible premendo aquí. Non faltedes! Vémonos, no Culturgal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email