Estamos moi felices porque varios títulos da Editorial Galaxia resultan elixidos como finalistas no premio Mondoñedo 10 na categoría de mellor obra de Ensaio en galego da última década (2009 – 2019). As obras elexidas foron as seguintes:
– Para que nos serve Galiza? de Xaime Subiela. Galaxia, 2012
–Historia de Galicia de Ramón Villares. Galaxia, 2016.
– Identidade e afectos patrios de Ramón Villares. Galaxia, 2017.
– Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863) de María Xesús Lama. Galaxia, 2017.
O premio resolverase o domingo 13 de outubro coa xuntanza final do xurado e a entrega do galardón entregarase o domingo 20 de outubro. Este premio convoca cada ano unha categoría literaria e valora as obras publicadas na década precedente á convocatoria.
Dende a Editorial Galaxia desexámosvos a mellor das sortes! Parabéns por saír elixidos!