O día 1 de outubro, ás 20:00 h, terá lugar no Mome de A Estrada a presentación de A pluma insubmisa. Ensaios inéditos de Manuel García Barros, recopilados e editados por Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono. Asistirán os seus editores, Francisco Castro, Director Xeral da Editorial, Valentín García Gómez, Secretario xeral de Política Lingüística e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos da Editorial Galaxia.
Recolle tres ensaios inéditos de Manuel García Barros,
asinados como Fulgencio Tizón, onde defende a razón fronte ao descoñecido, o demostrable fronte ao indemostrable, o que se pode ver fronte ao invisible, e a razón e a educación como medio para acadar a liberdade. Ao mesmo tempo amosan o seu marcado anticlericalismo, que é o aspecto máis salientable destes textos, aparecendo dun xeito directo e sen posibles interpretacións, o que lles dá a estes ensaios un valor imprescindible para o coñecemento do escritor estradense.