Entrega do Premio Antón Losada Diéguez a Manolo González, no Carballiño

Categoría: Blog, Nova

Hoxe, sábado 24 de xuño, celebrarase, ás 12 h, no Pazo de Moldes (Boborás), a entrega do Premio Antón Losada Diéguez, na categoría de Investigación e Ensaio, a Manolo González por “Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil”, no Concello do Carballiño.

Ás 11:00 h o iniciarase unha misa na Igrexa de San Mamede de Moldes coa participación do Orfeón do Carballiño, á que seguirán dúas o endas orais; unha a don Antón Losada Diéguez e outra a don Manuel Chamoso Lamas.

Ás 12:00 h Raquel Domínguez Carrete, redactora, editora e presentadora dos Servizos informativos da TVG, presentará o acto de entrega dos premios no Pazo de Moldes, que nesta edición recaeron en Manolo González na modalidade de Investigación e ensaio e Moncha Fuentes na de Creación literaria.

O acto participarán o Orfeón do Carballiño e a agrupación de gaitas Terras do Arenteiro.

A XXXVIII edición do Premio Antón Losada Diéguez, un certame literario que convoca de forma anual xunto ao Concello de Boborás, e que elixiu como obra gañadora, na categoría de Ensaio e Investigación “Nos días encantados de agosto. Jnha biografía de José Gil”, de Manolo González.

O xurado acordou por unanimidade outorgar o premio a González por un libro que da a coñecer a vida e obra dun artista ata agora descoñecido: o fotógrafo e cineasta José Gil. “A súa escritura é casi novelesca, policiaca, divertida e moi amena, así como a súa orixinal aportación á historia da fotografía, o cine e o audiovisual galego”, destacan dende o xurado.
 
Manolo González. Dende que era o axudante adolescente do seu pai na cabina do cinema Avenida da Rúa (Ourense), viviu na mocidade fascinado e enleado polo universo cinematográfico a través da participación en varios cineclubs. Profesionalmente encetou coas primeiras experiencias de cine e vídeo nas aulas en 1982. En 1984 foi responsable da Area de Cine e Cídeo na Dirección Xeral de Cultura de Luís Álvarez Pousa, organizando as primeiras axudas públicas ao audiovisual galego e a posta en marcha do Arquivo da Imaxe de Galicia. Traballou nas áreas de realización e produción en curtametraxes e programas da TVG dos anos oitenta. Creador e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998), participou activamente na investigación e catalogación do galego e a memoria audiovisual da emigración, con publicacións e traballos de campo an Arxentina, O Uruguai, México e Cuba. Entre outros, publicou Documentos para la Historia do cine en Galicia (1970-1990), así como colaboracións en libros colectivos, folletos e artigos, nomeadamente sobre política e patrimonio audiovisual, cinema da emigración e formación audiovisual. Foi director de desenvolvemento da produtora de animación Dygra Filmes (2004-2005) e creador e director da Axencia Audiovisual Galega, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia (2005-2009) e profesor de produción na facultade de Comunicación da Universidade de Vigo e no MPXA (Máster de produción e xestión audiovisual), na actualidade, exerce como profesor de Historia de España e Cultura audiovisual no IES Concepción Arenal de Ferrol, mentres segue a participar no encontro de cineastas Chanfainalab en San Sadurniño (2014-2022).
 
Na categoría de Creación Literaria, foi premiada Moncha Fuentes por “O tradutor de sombras” (Xerais).

Comparte nas túas redes sociais ou por email