A Editorial Galaxia participará, do 30 de novembro ao 8 de decembro de 2019, na Feira do Libro de Guadalajara (México). Autores, axentes literarios, bibliotecarios, libreiros e máis de 2,280 casas editoriais de 47 países visítana este ano, sendo India o Convidado de Honra 2019.
De seguido, a programación cos actos que a nosa editorial desenvolverá na cita mexicana.
2 de decembro – Stand de Galicia, JJ27.
18:00 h. Presentación-coloquio ao redor do libro Extraordinario de Antón Lopo. Acompañando ao autor, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
19:00 h. Recital de poesía galega e mexicana. Representando a Galicia estarán os escritores Antón Lopo e Francisco Castro. Jorge Souza e Sofía Chan, participarán en nome de México.
3 de decembro
Pola mañá, Antón Lopo participará na sección Ecos do Festival Internacional do Libro de Guadalajara, no Colexio do Estado de Jalisco.
19:00 h. Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, impartirá a conferencia: Galaxia, 70 anos dun proxecto editorial e cultural ao servizo dun país, dentro do marco do Festival Internacional do Libro de Guadalajara, en México (Stand de Galicia, JJ27).