Xa está aquí Luzbell. O demo bombilla, un traballo do ilustrador Xosé Tomás e o guionista Diego Rosales. Na editorial, estamos moi orgullosos de engadir esta fantástica novidade á nosa colección de banda deseñada.
No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzbell, o demo bombilla.
Xefe dun exército de diaños, está disposto a facer o mal e traer a desgraza e a destrución aos humanos… Se lle deixan!!!
Colorido, cheo de retranca e dunha maneira moi singular, as lectoras e lectores están convidados dende o comezo do libro a unha experiencia ilustrada excepcional.