O vindeiro 5 de decembro, celebrarase, no King Juan Carlos I of Spain Center de Nova York unha mesa redonda titulada “Bilingual societies and sustainability: Spain’s other languages”, na que participarán Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, Rosa Rey (editora de Angle Editorial – Cataluña) e Lorea Aguirre, responsable da revista vasca Jakin Magazine.
Unha moi boa oportunidade para falar na capital do mundo occidental sobre linguas minorizadas e a aventura de editar en galego. A responsable deste ciclo de conferencias é a artista e profesora Cristina Pato.
O evento incluirá música en directo e poesía. As linguas nas que se falará durante o encontro serán o galego, o castelán, o éuskaro e o catalán, coa súa simultánea tradución ao inglés.