Domingo Villar, o preferido das lectoras e lectores de Galicia

Categoría: Nova

A ninguén lle sorprende o agarimo que todo o público tiña e ten por Domingo Villar. Un grandísimo escritor pero, por enriba de todo, unha gran persoa.
Xa era un clásico antes da súa desgraciada perda e seguirá séndoo. Proba disto son os constantes aluimiños e mostras de afecto por parte dos seus fieis lectores e lectoras nas redes sociais, nas homenaxes que se celebran na súa honra… non é ningún segredo que o mundo das letras quedou un pouco máis orfo dende a súa partida.
Proba desta querenza popular son os resultados nas análises do verán, constituíndo a súa derradeira obra, Algúns contos completos, un dos bestsellers en galego, e o libro máis vendido na Editorial Galaxia o ano pasado.
Sen dúbida, nunca o olvidaremos. Hoxe Domingo brilla xunto as estrelas no ceo e nos nosos corazóns, para sempre.
Domingo Villar (Vigo, 1971 – 2022) Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006) iniciou a serie protagonizada polo inspector Leo Caldas. A segunda, A praia dos afogados (2009), supuxo a súa consagración no panorama internacional da novela negra con traducións en todo o mundo. O último barco  (2019), foi a súa derradeira novela dedicada ao famoso inspector.
Coas súas obras obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento, o Premio Losada Diéguez e o do Libro do Ano da Federación de Libreiros de Galicia, ademais dos premios Sintagma e Brigada 21. Foi finalista dos Crime Thriller Awards e Dagger International en Reino Unido, do Premio Le Point du Polar Européen en Francia e do Premio da Academia Sueca de Novela Negra.
Editorial Galaxia, casa editora de Domingo Villar en Galicia, publicou no seu catálogo as tres novelas protagonizadas por Caldas, traducidas a linguas como o alemán, o italiano e o sueco, e a súa última novidade Algúns contos completos, ilustrado cos linogravados de Carlos Baonza.
©Pablo Vázquez

Comparte nas túas redes sociais ou por email