Como cada ano, a cidade portuguesa de Porto acolle os 'Encontros Luso-Galaico-Franceses do Libro Infantil e Juvenil'. Nesta ocasión, centraranse específicamente na cuestión da edición de literatura para adolescentes.
O responsable da edición infantil e xuvenil e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro, terá unha dobre participación. O venres, ás 14.30 (hora local) participará nunha mesa redonda, na compaña do editor José Oliveira (Caminho – Grupo Leya) arredor da temática 'A Edição de Literatura Juvenil'.
Ao día seguinte, sábado, participará estrictamente como escritor, nunha mesa titulada 'Narrativa Juvenil em Português e em Galego' e na que participarán os portugueses Álvaro Magalhães e António Mota. Francisco Castro falará do conxunto da súa obra nun diálogo con a crítica literaria Montse Pena Presas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR