Estes días chega ás librerías de todo o país, 'Alén', de Xaime Quintanilla, obra publicada en 1921 e que supuxo un punto de partida de modernidade absoluta para o teatro galego da época.
Na obra recréase a peripecia dunha sociedade espiritista que agarda a volta do seu mestre desde o mundo das tebras, pero tamén é a historia dun amor imposible que se refuxia nas xeografías da saudade.
Xaime Quintanilla compuxo unha comedia dramática que transcorre en Nova York, na que atoparemos personaxes que, sendo irlandeses, alemáns ou norteamericanos, falan galego como o fala a xente de Mugardos ou do Valdoviño. Toda unha impostura naquel ano de 1921 no que se publica e que supuxo unha ruptura conceptual sen parangón no conxunto da dramaturxia europea da época.