1000 facsímiles da revista 'Nós'

Categoría: Nova

Como levamos días falando, estes días conmemorouse o 90 aniversario da saída da revista Nós, como hoxe lembra dende as páxinas do Galicia Hoxe nunha entrevista o noso dierctor xeral, Víctor F. Freixanes, que podes ler dende o noso blog, 'unha representación da modernidade e da proxección da cultura galega'.
Co gallo da conmemoración, a nosa editorial vén de editar 1000 exemplares facsímiles da histórica publicación, co apoio do Concello de Ourense, de tal maneira que os lectores e lectoras do século XXI poderemos ter, nas nosas mans, unha sensación moi aproximada á que tiveron os nosos devanceiros no soño común dun galeguismo aberto e sen complexos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email