Xesús Domínguez Dono

O noso primeiro libro… de MEMORIAS Vénse de reeditar Memorias dun neno labrego. Vénse de reeditar o primeiro libro en galego do que teño conciencia, do que teño memoria. Este, como lle ocorreu a tantos outros fillos desta terra, foi o primeiro libro que lin na lingua dos Cunqueiros e Blancoamores, dos Codax e dos […]
Eva Lozano

Poucas veces atopas nunha novela tantos ingredientes tan ben mesturados. Poucas veces a súa combinación é a xusta para unha perfecta dixestión. No Shakespeare destilado vas bebendo páxina tras páxina, sen decatarte, coa mesma ansiedade coa que bebe o narrador, penetrando nunha escura habitación cunha escura historia dunha profundidade disfrazada de borracheira verbal tan metafórica […]
Alfredo Ferreiro

Manuel Forcadela debulla o imaxinario nacional moderno antes da década dos sesenta, onde sitúa a obra narrativa de Cunqueiro como unha das pedras basilares do que denomina "modelo romántico". Un modelo que "vincula o noso imaxinario nacional a unha tradición de natureza telúrica e dionisíaca, sempre establecida no ámbito do irracional e do místico", e […]
Tomás Ruibal

CAMBIAR A VIDA, CAMBIAR A HISTORIA A moi estimable Bibilioteca Compostela de Galaxia recolle esta novela do case descoñecido escritor sardo Favio Soriga, unha historia procedente dunha- outra- nación sen estado, afogada polos tópicos turísticos, o peso dunha tradición secular, que se adoita dicir, unha emigración constante, aínda que moi distinta da de hai varias […]
Rebeca Baceiredo

Quen sabe máis do mundo é quen recorre con asiduidade –e necesidade- ao humor. Un exemplo oriental é o humor dos mestres zen, que rachan a lóxica (ausente da vida) con saltos de pértega; un exemplo occidental é a ironía de Kierkegaard, que dá unha reviravolta para, senón eludir, paliar o absurdo da existencia. A […]
Alba Piñeiro

A ABELLA ABESULLONA A todo lector, neno ou adulto, gústalle que a lectura dun libro lle provoque pracer, materializado ben na emoción ou na reflexión que as palabras impresas lle poden proporcionar. A abella abesullona é, sen dúbida ningunha, un libro deses que fan vibrar e engaiolan non só polo contido senón tamén pola forma […]
Daniel Ameixeiro

Esta novela trata sobre a fraxilidade humana, pero (sobre todo) trata sobre a fortaleza que hai detro de nós. Porque os seres humanos somos así. Podemos subir. Podemos quedarnos parados. Ou tamén podemos caer, deixarnos arrastrar cara ao precipicio. Iso é o que lles pasa aos personaxes deste libro. Que foron construíndo caparazóns ao seu […]
Montse Pena Presas

Case todos tivemos, cando eramos nenos, unha boneca moi especial, da que aínda lembramos o seu nome. E moitas nos preguntamos, tamén cando eramos cativas, qué pasaría cando a nosa boneca medrase. Algo semellante lle ocorre a Elsi, a protagonista desta historia, cando perde a Bríxida, para ela máis ca un xoguete, unha compañeira de […]