Entrega do Premio García Barros a Antón Lopo

Para este venres está prevista a entrega do Premio García Barros ao escritor Antón Lopo pola novela 'Obediencia'. O acto celebrarase ás 20 horas no Teatro Principal da Estrada. De 'Obediencia' o xurado destacou "a imaxinación creadora e a habilidade para construir unha historia nese futuro hipotético, usando a linguaxe das matemáticas, do cinema de […]
Adeus a Marcos Valcárcel

Esta ponte tinguiuse de tristura co pasamento do historiador e intelectual galeguista Marcos Valcárcel. Despois dunha longa enfermidade deixábanos o pasado domingo. Centos de amigos sumáronse aos actos de homenaxe que serviron de despedida a un home que fixo de Galicia bandeira, e da defensa da súa lingua e cultura, motivo de estudo e existencia. […]
Tres novos títulos da Biblioteca Compostela

A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea que patrocina a concellería de Cultura de Santiago de Compostela xa conta con tres novos títulos. No acto de presentación, que tivo lugar no Pazo de Raxoi, estiveron presentes a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Socorro García Conde, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e […]
Francisco Castro, elixido presidente de GALIX

O escritor e Coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, responsable da Edición de Infantil e Xuvenil na editorial, Francisco Castro, foi elixido novo presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), que até agora presidía Manuel Figueiras. É o resultado da asemblea xeral de socios que tivo lugar esta fin de semana, […]
A "Obediencia" de Antón Lopo

O acto terá lugar mañá mércores, ás 20:00 h, na librería Couceiro, e o autor estará acompañado na mesa por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e a escritora Anxos Sumai. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística obtivo o galardón por […]
Ramón Máiz, Premio Ramón Piñeiro 2010

A obra A ARTE DO IMPOSIBLE, da que é autor Ramón Máiz Suárez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. […]
'Contoplanet' recibe dous premios EGANET

Onte foi un día especialmente feliz no seo da Editorial Galaxia, pois durante a entrega dos Premios EGANET que celebran a excelencia no traballo na realización de produtos no ámbito das novas tecnoloxías, non só recibimos o galardón na categoría na que estabamos nominados senón que, ademais, e para sorpresa nosa, entregóusenos outro de carácter […]
Remata o ano Novoneyra

Nesta semana botaremos o peche ao ano Novoneyra, poeta a quen este ano dedicamos o Día das Letras Galegas. Con este motivo, na nosa editorial viron a luz unha serie de traballos que deben seguir vivos rematada a efeméride, porque a poesía de Novoneyra é grande por si mesma e sostense de seu no tempo. […]