Presentación de UNHA ESTRATEXIA MARÍTIMA PARA GALICIA en Vigo

Mañá martes presentarase en Bouzas, en Vigo, o libro titulado 'Unha estratexia marítima para Galicia', coordinado por Manuel M. Varela Lafuente e no que un grupo de expertos das tres universidades como o expresidente da Xunta Fernando González Laxe ou o economista Albino Prada, entre moitos outros, deitan a súa visión sobre o papel e […]
Premios para Neira Vilas e Ana Romaní

O gremio editorial galego celebrou este serán en Lugo a VI Noite da Edición de Galicia, unha gala coa que a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a todos aqueles que traballan no eido da produción e edición do libro. No acto entregáronse os Premios da Edición 2010, concedidos polos propios editores. O evento, que […]
Sandro Veronesi presenta CAOS CALMO

O escritor italiano Sandro Veronesi presenta esta tarde no Casino de Santiago (rúa do Vilar, 35) a edición galega da súa novela CAOS CALMO, Premio Novela Europea Casino de Santiago 2009. Estará acompañado por Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino, e por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia. Nesta obra reflexiónase arredor do cambio profundo […]
Presentado o libro-álbum dixital 'Area fai seis'

Onte en Compostela, e dentro dos actos do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, presentouse en Área Central, onde o Instituto Galego de Consumo montou varios stands, un libro-álbum dixital, producido por Editorial Galaxia, que leva por título 'Area fai seis' e que está integrado dentro do proxecto educativo 'Dálle a volta'. 'Area fai seis' […]
Homenaxe a Gloria Sánchez no Salón do Libro de Pontevedra

Este sábado o Salón do Libro de Pontevedra chega ao seu punto máis alto coa celebración da homenaxe á autora homenaxeada, nesta edición, Gloria Sánchez. A laudatio será pronunciada polo tamén escritor Miguel Vázquez Freire. Despois, haberá unha actuación especial do grupo Mamá Cabra, con quen Gloria Sánchez colaborou no libro-disco, editado por Galaxia, 'Ola, […]
Terceira edición para 'O armiño dorme'

A novela de Xosé A. Neira Cruz, 'O armiño dorme' que no seu día fora merecente no 2002 do Premio Raíña Lupa, chega estes días á súa terceira edición. A novela non só goza de grande éxito entre os lectores e lecoras de Galicia, senón que ten recibido importantes recoñecementos alén das nosas fronteiras, como […]
ABRAPALABRA! na Feira do Libro de Ferrol

Dentro da programación da Feira do Libro de Ferrol -que se celebra ata este domingo no Cantón de Molíns- terá lugar esta actividade para os pequenos da casa arredor deste libro máxico que é ABRAPALABRA!. ABRAPALABRA! é un dos libros máis estraños (por divertido, por curioso, por xeitoso), de todos cantos teñas vistos na vida. […]
Xa se pode descargar (e de balde) 'Puag que noxo!' para iPhone e iPad

Dende as primeiras horas do venres xa é posible descargar dende a tenda de Apple Store a aplicación que, dentro do proxecto Contoplanet (froito da alianza entre Galaxia, Perro Verde e Milrayas) preparamos arredor do libro de Fina Casalderrey e Andrés Meixide, Puag que noxo! O conto pode descargarse de balde para comezar a ler […]