Sandro Veronesi presenta CAOS CALMO

Categoría: Nova

O escritor italiano Sandro Veronesi presenta esta tarde no Casino de Santiago (rúa do Vilar, 35) a edición galega da súa novela CAOS CALMO, Premio Novela Europea Casino de Santiago 2009. Estará acompañado por Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino, e por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia.

Nesta obra reflexiónase arredor do cambio profundo que se produce nunha existencia que se adiviña acougada, cando algo inesperado irrompe para movelo todo. Daquela, as conviccións, as crenzas, as rutinas máis estables, como axitadas por un trebón terrible, poden virse abaixo. E daquela, comezamos a descobrir o verdadeiro rostro dos outros. E quizais non nos gusta…

Comparte nas túas redes sociais ou por email