Este sábado o Salón do Libro de Pontevedra chega ao seu punto máis alto coa celebración da homenaxe á autora homenaxeada, nesta edición, Gloria Sánchez.
A laudatio será pronunciada polo tamén escritor Miguel Vázquez Freire. Despois, haberá unha actuación especial do grupo Mamá Cabra, con quen Gloria Sánchez colaborou no libro-disco, editado por Galaxia, 'Ola, ola, la!' e do que está a piques de saír a segunda edición.