COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA na Coruña

Despois das presentacións en Santiago e Vigo, chega o momento de presentar na cidade da Coruña o libro ’Cociñando ao pé da letra’. Van participar neste acto Yolanda Castaño, coordinadora literaria do proxecto, a fotógrafa Andrea Costas, o director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes, e tamén dous dos escritores-cociñeiros que participaron no libro, Lucía […]
Ofelia Rey, premio María Josefa Wonenburger

Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC, recibirá hoxe o premio María Josefa Wonenburger 2011, que concede a Unidade Muller e Ciencia de Galicia. O pleno da Unidade Muller e Ciencia de Galicia valorou na súa designación a calidade, rigor e precisión da ampla produción científica de Ofelia Rey e a súa capacidade […]
Homenaxe póstuma a Francisco Fernández del Riego en Lourenzá

Tiña que ser, tamén, unha homenaxe en Lourenzá para don Paco, o home que, nos duros días da escuridade franquista asinaba moitos dos seus traballos baixo do nome Salvador Lorenzana. Un intelectual que, a pesares de facer gran parte da súa vida en Vigo, nunha esqueceu a súa terra de orixe. Próximo a cumprirse o […]
A Coruña acolle a mostra NO NIÑO NOVO DO VENTO

O acto de inauguración contou coas intervencións dos representantes das institucións organizadoras: Pedro López Gómez, membro do padroado da Fundación Penzol, o comisario da mostra e director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Manuel Varela. Nesta itinerancia contouse coa colaboración do Concello da Coruña, por parte do […]
Hoxe comeza o congreso 'Mil e un Cunqueiros'

Coa conferencia "As miñas lecturas de Cunqueiro" o escritor e exministro de Cultura, César Antonio Molina, abrirá hoxe, mércores día 28 o congreso internacional "Mil e un Cunqueiros", organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coas tres universidades galegas para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). A sesión celebrarase ás 10 […]
Camiñando da man de Otero Pedrayo

O sábado 10 de setembro a Fundación Otero Pedrayo organizou o Primeiro Roteiro Literario baseado na obra do escritor ourensán. A primeira hora da mañá, unha vintena de veciñas e veciños de Trasalba (Amoeiro) partiron da Casa Museo de Cima de Vila, para percorrer a contorna seguindo os textos do escritor recollidos no volume Trasalba, […]
Inauguración de NO NIÑO NOVO DO VENTO

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Editorial Galaxia e Fundación Penzol, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, presentan esta exposición conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro. ‘No niño novo do vento’ estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueirano a través de elementos tan íntimos como a reprodución do seu escritorio […]
Galaxia publica '1Q84 Libro 3', de Haruki Murakami

Logo da publicación dos Libros 1 e 2 en febreiro pasado, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos e con excelentes críticas no noso país, volven Aomame e Tengo, desta vez na compaña do detective Ushikawa. Haruki Murakami continúa a historia de Aomame, que, despois de asasinar o líder da seita Vangarda, […]