A Coruña acolle a mostra NO NIÑO NOVO DO VENTO

Categoría: Nova

O acto de inauguración contou coas intervencións dos representantes das institucións organizadoras: Pedro López Gómez, membro do padroado da Fundación Penzol, o comisario da mostra e director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Manuel Varela. Nesta itinerancia contouse coa colaboración do Concello da Coruña, por parte do cal interveu a responsable de facenda, Rosa Gallego.

Cun afán eminentemente didáctico e accesible para todos os públicos, a exposición está composta por 16 paneis de textos informativos e imaxes nos que se fai un percorrido pola vida e a obra de Álvaro Cunqueiro. En 8 vitrinas preséntase unha selección bibliográfica da súa obra galega e castelá, ademais de traducións a diferentes linguas estranxeiras, unha pequena compilación dos seus artigos xornalísticos, e unha escolma de prensa sobre as distintas etapas da súa traxectoria. Entre os obxectos que se poden atopar figuran galardóns, diplomas, os seus carnés de identidade e de xornalista, postais, correspondencia recibida dos seus amigos, axendas privadas, medallas, condecoracións, etc.

A parte máis identificativa da mostra –comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes- é o espazo escenográfico realizado por Rodrigo Roel, que reproduce o estudio no que traballaba Cunqueiro nos anos 50 no seu Mondoñedo natal. Trátase de transmitir un efecto de intimidade dentro do ambiente de creación do escritor nunha das súas épocas máis produtivas, ao que contribúen as cartas a Paco del Riego ou os orixinais de Merlín e familia que pousan na mesa a carón da súa máquina de escribir. Tamén, diante do escritorio, están as figuras, en volume e a tamaño natural, de Merlín e Felipe de Amancia, dous dos seus personaxes máis populares,

Comparte nas túas redes sociais ou por email