Bocata de felicidade

Para o libro 'Cociñando ao pé da letra', Lucía Aldao foise a unha proposta absolutamente clásica: un bocadillo. Iso si: de felicidade. Aquí deixamos a receita. BOCATA DE FELICIDADE En cada unha das lámpadas que o futuro teña a cortesía de deixarme frotar, pido agora por estar ben atenta para que se me cumpra poder […]

Segunda edición para 'Lume de cobiza'

A novela de Miguel Anxo Fernández, 'Lume de cobiza', cuarta entrega do detective Frank Soutelo, esgotou en só dous meses a súa primeira edición, polo que a nosa editorial vén de facer unha segunda, xa nas librerías. A novela será adaptada nos próximos meses ao cine da man do director Ángel de la Cruz, quen […]

Novidades para lectores mozos

O verán ten que ser tamén tempo de lecturas. As longas vacacións escolares (aínda que seguro que os cativos e mozos non as ven tan longas) permiten ter tempo para todo, tamén para ler. Dentro da produción recente da nosa Editorial para estes chanzos de idade, publicamos hai pouco, na colección Árbore 12 anos, o […]

So aquestas abelaneiras floridas

Para o libro 'Cociñando ao pé da letra', o escritor Xabier P. Docampo preparou un Peixe Sapo en prebe de abelás e viño albariño. Deixámosvos a receita aquí. Ingredientes para catro persoas: 5 peixes sapo pequenos, pero tampouco moito (sen cabeza) 2 ovos de galiña Fariña de trigo ½ quilo de abelás ½ litro de […]

Memoria na memoria

A autora de 'Noutra dimensión' que vimos de sacar na colección Árbore, quixo participar tamén no proxecto 'Cociñando ao pé da letra'. Para elo, preparounos unha Pescada Reenchida que vos deixamos aquí. Memoria na memoria Pescada reenchida Ingredientes (para seis persoas) Unha pescada de arredor de 2 quilos 150 gramos de gambas 100 gramos de […]

Entrevista con Antonio Piñeiro

1. ¿Qué nos contas en "As fiandeiras", recente premio Manuel García Barros? O asunto toca un deses recónditos acontecementos nos que a Historia soe esconder o seu caleidoscopio de emocións, fervenzas humanas e razóns do que vimos ser. Na Estrada, no contexto convulso das insurreccións cantonais de finais do século XIX, ten lugar un triángulo […]

A investigación en Galicia

Investigación, Coñecemento, Tecnoloxía son factores fundamentais para o futuro de calquera sociedade. Compoñentes básicos de calquera cultura moderna. O número 190 da revista GRIAL aborda unha das cuestións que consideramos decisivas para calquera planteamento que se faga de futuro en Galicia: ¿onde vai a nosa capacidade de investigación? ¿Sobre que recursos e principios se fundamenta? […]

A exposición NO NIÑO NOVO DO VENTO en Lugo

A mostra 'No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro. 1911-2011', coa que se conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense, está promovida pola Consellería de Cultura e Turismo, Editorial Galaxia e Fundación Penzol. Presenta en 16 paneis informativos e 8 vitrinas todo tipo de fondos documentais, obxectos persoais, manuscritos e primeiras […]