Segunda edición para 'Lume de cobiza'

Categoría: Nova

A novela de Miguel Anxo Fernández, 'Lume de cobiza', cuarta entrega do detective Frank Soutelo, esgotou en só dous meses a súa primeira edición, polo que a nosa editorial vén de facer unha segunda, xa nas librerías.
A novela será adaptada nos próximos meses ao cine da man do director Ángel de la Cruz, quen trasladará as aventuras do sabuxo norteamericano, de orixe galega, a imaxes.
Polo de agora, dende a web franksoutelo.com poden seguirse as aventuras e acceder a unha completa información sobre toda a saga do xa popular detective.

Comparte nas túas redes sociais ou por email