Libros dixitais en galego

A edición dixital en galego segue avanzando. Editorial Galaxia puxo no mercado nos últimos meses case un cento de títulos, clásicos e contemporáneos, para a descarga dixital. Unha parte moi importante do crecemento da oferta editorial do ano 2010 (un 28,6 % máis ca no ano anterior) débese a esta iniciativa da nosa editora, que […]
O saber que vén de lonxe

Para o libro 'Cociñando ao pé da letra" Agustín Fernández Paz explica como facer unhas riquísimas orellas. O SABER QUE VÉN DE LONXE (Orellas) —As orellas levan unha chea de traballo —dime miña mai—. Dan moito que amasar e que estirar. É un ano de finais dos cincuenta e estamos na cociña da nosa casa […]
Álbumes para afrontar os cambios

Xa están nas librerías de todo o país os dous novos álbumes ilustrados que veñen de sair do noso prelo. Por unha banda, publicamos o libro da xornalista e escritora María Solar, 'Vou ter un irmán!', ilustrado por Xosé Tomás e, por outro, o novo de Araceli Gonda, 'Area fai seis', coas ilustracións de María […]
Actos de Galaxia no Festigal

Como todos os anos, o Campus Sur da Universidade de Santiago será o escenario para a celebración do Festigal, un dos grandes escaparates da cultura galega. A nosa editorial, coma sempre e sen faltar un só ano, estará presente para apoiar esta iniciativa, neste caso centrando a súa actividade na presentación de tres libros de […]
Un mural para Neira Vilas

Será mañá, na Biblioteca Anxel Casal e dentro dos actos de homenaxe ao autor, hai medio século xa, de 'Memorias dun neno labrego', Xosé Neira Vilas, cando se inaugure un mural dedicado a el e a súa obra e no que participaron nenos entre 4 e 11 anos e que acompañará á exposición titulada 'Querido […]
Premio García Barros 2011 para Antonio Piñeiro

O escritor e editor Antonio Piñeiro resultou gañador da XXIII Edición do Premio Manuel García Barros, coa novela "As fiandeiras" por decisión unánime do xurado, que estivo formado por Inmaculada Otero Varela, Armando Requeixo Cuba, Bieito Iglesias Araúxo, Carlos Lema, Valentín García Gómez que actúa como Secretario. En opinión do xurado, a novela gañadora é […]
Escaparate literario de obras galegas en Italia

Damos comezo á nova tempada literaria facéndonos eco dunha boa nova que nos chega dende Italia e que supón un apoio importante para a visibilidade da nosa literatura. A través da web www.insulaeuropea.eu/ un grupo de estudosos de diversas literaturas europeas coordinado polo profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Perugia Carlo Pulsoni propoñen diferentes […]
Dous novos libros de Álvaro Cunqueiro

Na Biblioteca de Autor Álvaro Cunqueiro, e continuando coas celebracións do Cen Aniversario do nacemento do escritor, veñen de aparecer dúas novas entregas: o segundo volumen da súa poesía en lingua galega, que inclúe os poemas ou libros que Álvaro Cunqueiro escribe ou empeza a publicar a partir de 1933 ata o seu falecemento; e […]