Un mural para Neira Vilas

Categoría: Nova

Será mañá, na Biblioteca Anxel Casal e dentro dos actos de homenaxe ao autor, hai medio século xa, de 'Memorias dun neno labrego', Xosé Neira Vilas, cando se inaugure un mural dedicado a el e a súa obra e no que participaron nenos entre 4 e 11 anos e que acompañará á exposición titulada 'Querido Balbino' e que recolle a vida de Xosé Neira Vilas e permite coñecer a traxectoria da obra máis lida da literatura galega. 'Querido Balbino' articúlase a partir de dous eixos que guían ao espectador a través dun túnel de vitrinas.
A mostra lembra as edicións, adaptacións teatrais e audiovisuais inspiradas en Memorias dun neno labrego, do que se imprimiron máis de 600.000 exemplares. Querido Balbino presenta 10 obras pictóricas de autores galegos, inspiradas no neno protagonista. Tras pasar por Coruña, Pontevedra, Lugo e Verin a mostra chega agora a Santiago.

Comparte nas túas redes sociais ou por email