A literatura galega escoitouse en Bos Aires

Hai uns días celebrouse en Bos Aires a "Noite dos Museos", unha actividade que implica o desenvolvemento dunha morea de ofertas culturais, gratuítas todas, e que desta volta agasallou aos que participaron cunha actividade novidosa na Arxentina -antes xa se realizara en Berlín no ano 2010- chamada "Caja Urbana de Voces Otras" e na que […]
Agustín Fernández Paz, novo Honoris Causa pola Universidade de Vigo

O escritor Agustín Fernández Paz, que hai unhas semanas era nomeado Socio de Honra por Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), será investido proximamente Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo a proposta do departamento de Filoloxía Galega e Latina. O Consello de Goberno aprobou onte a súa designación. O vicerrector da Universidade […]
Galaxia manterá o prezo dos libros do seu catálogo

Por cuarto ano consecutivo, Editorial Galaxia toma a decisión de manter os prezos de todos os libros do seu catálogo, sen subir nin un só céntimo de euro en ningún deles. A medida decidiuse, xa que logo, hai ben de tempo, cando a crise económica, aínda tímida, comezaba a asomar os cairos, e conscientes como […]
Salvador García Bodaño e Miguel Anxo Fernández, Premios da Cultura Galega 2012

O poeta Salvador García Bodaño e o narrador e crítico de cine Miguel Anxo Fernández son dous dos sete recoñecidos onte polo xurado dos Premios da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia. O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez […]
Mamá Cabra presenta BICOS DE MÚSICA en Compostela

Xa están todas as librarías cheas de 'Bicos de música', o último lanzamento do grupo Mamá Cabra. Da man da Editorial Galaxia, o proxecto inclúe un libro ilustrado coas letras das cancións, un CD con dez temas cantados e dez pistas só coa música e os coros para cantar por riba e mais un DVD […]
Éxito de público na presentación de O FUTURO É POSIBLE

Co gran salón do hotel Araguaney de Santiago de Compostela completamente cheo (máis de 400 persoas, moitas das cales tiveron que seguir o acto de pé) Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de Galicia, formulou o seu propio proxecto de futuro: ou se constrúe unha cultura común entre a socialdemocracia galeguista e o nacionalismo democrático […]
Homenaxe en Ribadavia a Alonso Montero

Rodeado de amigos e de autoridades, así como do cariño dos veciños de Ribadavia, o profesor Alonso Montero recibiu o pasado sábado un multitudinario homenaxe na súa vila de adopción. A corporación municipal acordou por unanimidade concederlle o título de fillo adoptivo. Alonso Montero naceu en Vigo, pero dende os 9 anmos ata a final […]
Actos de GALAXIA no CULTURGAL 2012

Un ano máis este venres, e ata domingo, celebrarase en Pontevedra o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. E un ano máis, a Editorial Galaxia contará cun espazo propio onde amosar o máis recente da súa produción ao tempo que organiza un mollo moi completo de actos para que os visitantes poidan asomarse á enorme […]