O escritor Agustín Fernández Paz, que hai unhas semanas era nomeado Socio de Honra por Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), será investido proximamente Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo a proposta do departamento de Filoloxía Galega e Latina. O Consello de Goberno aprobou onte a súa designación.
O vicerrector da Universidade viguesa explicou onte a "traxectoria inmensa" de Agustín Fernández Paz na creación literaria así como o seu dilatado traballo a prol da cultura de Galicia.
A finais de mes, publicaremos na nosa colección Árbore un texto de Agustín Fernández Paz e Fran Jaraba, no que o autor de Vilalba retoma un antigo libro publicado en Galaxia, na extinta e histórica colección A Chalupa. Agora, a historia medra, transfórmase pero segue sendo igual de engaiolante que naqueles tempos.
Parabéns para Agustín Fernández Paz, un dos orgullos da nosa literatura infantil e xuvenil. Que veñas máis éxitos. Moitos máis.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR