Mamá Cabra presenta BICOS DE MÚSICA en Compostela

Categoría: Nova

Xa están todas as librarías cheas de 'Bicos de música', o último lanzamento do grupo Mamá Cabra. Da man da Editorial Galaxia, o proxecto inclúe un libro ilustrado coas letras das cancións, un CD con dez temas cantados e dez pistas só coa música e os coros para cantar por riba e mais un DVD con karaoke e vídeos no que se segue un día completo na vida do grupo e que foi elaborado por Pórtico Audiovisuales. En todo o proxecto colaborou estreitamente a Televisión de Galicia.
O estilo habitual do grupo, con letras festivas e coreografías que acompañan os temas mantense neste proxecto, que de certo há ser un dos agasallos máis solicitados para os máis novos no vindeiro Nadal. O volume gravouse nos estudios Edisco da Estrada e poderemos coñecelo, en directo, mañá, en Santiago.

Comparte nas túas redes sociais ou por email