Un ano máis este venres, e ata domingo, celebrarase en Pontevedra o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. E un ano máis, a Editorial Galaxia contará cun espazo propio onde amosar o máis recente da súa produción ao tempo que organiza un mollo moi completo de actos para que os visitantes poidan asomarse á enorme dimensión da nosa produción, tanto en calidade coma en cantidade. E, sobre todo, en variedade, pois desta volta a nosa editorial presenta dende produtos literarios pensados para os novos soportes de lectura como na aposta polo audiovisual para contar historias ou, a través da música, engaiolar aos máis pequenos e pequenas da casa.
De seguido, o calendario completo dos actos organizados pola nosa editorial.
VENRES 30 de novembro
– 17:30 h, presentación de A FORMA DAS NUBES, de María López Sández, Premio Repsol 2012. No Salón
– 18:30 h, presentación de GALAXIA CÓMICS. No Garaxe
– 20:00 h, conversa de Alberto Ramos con Xosé Monteagudo, autor de O CURIOSO MUNDO DAS PERSOAS NORMAIS. No Salón
SÁBADO 1 de decembro
– 17:30 h, presentación de VOLVE A COCIÑA DE LARPEIROS, de Benigno Campos. No Salón
– 19:00 h, presentación de GALAXIA TALES. No Garaxe
– 20:00 h, presentación do libro-CD-DVD BICOS DE MÚSICA, de Mamá Cabra. No Cuarto dos Nenos
DOMINGO 2 de decembro
– 12:00 h, presentación do proxecto da película A ESMORGA, de Vía Láctea Films e Editorial Galaxia. No Garaxe
– 12:30 h, proxección da película e presentación do libro DÚAS LETRAS, de Fina Casalderrey e Eloy Varela. No Garaxe
– 13:00 h, presentación do libro-CD-DVD MARÍA FUMAÇA. No Cuarto dos Nenos
– 13:00 h, conversa de María Solar con Xavier Alcalá, arredor da súa novela VERDE OLIVA. No Salón
– 19:00 h, conversa de Belén López con Teresa Moure sobre o seu ensaio QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO, Premio Ramón Piñeiro 2011. No Salón