'Morgana en Esmelle', Premio da Crítica 2012

Esta fin de semana, falláronse no Bierzo os Premios da Crítica española. A novela de Begoña Caamaño, 'Morgana en Esmelle', que só hai un par de semanas recibira o premio dos editores galegos como mellor obra de 2012, facíase co galardón a nivel estatal. O libro de Begoña Caamaño revisa algúns dos mitos da Materia […]
Soños de fútbol en Bangui

Esta semana comezará a chegar ás librerías de Galicia, o libro de Ives Pinguilly, 'Soños de fútbol en Bangui' que a Editorial Galaxia publica en tradución de María González dende o francés, un libro sobre fútbol, sobre África e sobre o poder do deporte. Mais tamén un libro de denuncia sobre o estado da infancia […]
Galaxia na Feira de Boloña

Coma todos os anos a estas alturas de Marzo, onte abriu as súas portas a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. E un ano máis, as novidades de Galaxia estarán presentes no espazo que os editores galegos teñen na Feira, a primeira do mundo no que á LIX se refire e na […]
Paradigma e tempo na física teórica

Ás librerías vai chegando o terceiro volume do proxecto de Metaensaio "Ao final do infinito", de Basilio Lourenço Fondevila e do que xa tiramos do prelo os dous primeiros libros. O libro está enfocado para un lector de divulgación científico-natural e filosófico-científica con coñecementos elementais de física, pero tamén para o que ten interese nas […]
Presentación de 'Cociñar con Algas' de Eva Crespo Vázquez en Vigo

A cociñeira Eva Crespo Vázquez presentará o seu libro 'Cociñar con algas' na compaña de Clemente Fernández Sáa de Algamar e do editor Francisco Castro. Neste libro, a cociñeira Eva Crespo ofrécenos 80 completas receitas nas que as algas achegan un toque especial para conseguir un resultado exquisito. Coas receitas que aparecen neste libro descubriremos […]
No Día Mundial do Teatro, Galaxia publica 'Máquina Hamlet e outras pezas'

Hoxe, 27 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Teatro, e co gallo desa efeméride, Editorial Galaxia publica o libro de Heiner Müller, ' Máquina Hamlet e outras pezas', dentro da colección ESAD-Galicia, cun estudo introdutorio a cargo do profesor Alfonso Becerra de Becerreá. A obra do dramaturgo alemán sitúase entre […]
Nova edición para A VOZ DO LAGO

Estes días saiu do prelo a terceira edición da obra de Antón Riveiro Coello, 'A voz do lago' que publicamos na nosa Colección Árbore 12 anos. Estamos diante dunha historia con dúas protagonistas femininas: Irene e María. Irene é unha nena que vive nunha pequena vila a onde irá vivir María coa súa familia, xa […]
As virtudes da Cociña Atlántica

Moitas persoas non saben que o verde do mar tamén se pode cociñar. E que poden prepararse centos de pratos diferentes a base de algas que nos permitirán coñecer sabores novos con recendo a mar. Editorial Galaxia publica 'Cociñar con algas', de Eva Crespo Vázquez. Un libro que demostra que as receitas baseadas nas algas […]