Ás librerías vai chegando o terceiro volume do proxecto de Metaensaio "Ao final do infinito", de Basilio Lourenço Fondevila e do que xa tiramos do prelo os dous primeiros libros.

O libro está enfocado para un lector de divulgación científico-natural e filosófico-científica con coñecementos elementais de física, pero tamén para o que ten interese nas cuestións históricas, culturais e sociais, aínda que careza deles.
Este ensaio, que forma parte do "metaensaio" AO FINAL DO INFINITO (do que Galaxia xa publicou dous textos: A SUBMISIÓN DAS MASAS e AO FINAL DO INFINITO. INTRODUCIÓN XERAL) trata da relación entre o espírito da modernidade occidental e o nacemento da Física; e entre a crise da civilización e a síntese teórica pendente dentro desta. Entra en cuestións conflictivas da Física do século XX. Pero a cuestión de fondo é a necesidade dunha cultura transdisciplinar para facer fronte á venda de fune que, segundo o autor, se dá tanto na Física ("Mitofísica") como na economía dominada polo sector financeiro.

Basilio García (Vigo, 1942) asina habitualmente as súas obras como Basilio Lourenço Fondevila. Foi mestre de Educación primaria. Durante os anos 70 participou na fundación do colectivo CIES. Entre as súas obras destaca "O nacionalismo galego e o futuro do nacionalismo", e "A submisión das masas", premio de ensaio Ramón Piñeiro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR