Encontro con Fina Casalderrey en Pontevedra

Este xoves, a xornalista Susana Pedreira, de Onda Cero, faralle unha entrevista a Fina Casalderrey na librería Cronopios de Pontevedra. A autora respostará tamén ás que faga o público asistente. Ao remate do acto, Fina Casalderrey asinará exemplares das súas obras. Dende hai uns meses, a activa libería pontevedresa ofrece este tipo de coloquios que […]

Paradigma e tempo na física teórica

Ás librerías vai chegando o terceiro volume do proxecto de Metaensaio "Ao final do infinito", de Basilio Lourenço Fondevila e do que xa tiramos do prelo os dous primeiros libros. O libro está enfocado para un lector de divulgación científico-natural e filosófico-científica con coñecementos elementais de física, pero tamén para o que ten interese nas […]

Soños de fútbol en Bangui

Esta semana comezará a chegar ás librerías de Galicia, o libro de Ives Pinguilly, 'Soños de fútbol en Bangui' que a Editorial Galaxia publica en tradución de María González dende o francés, un libro sobre fútbol, sobre África e sobre o poder do deporte. Mais tamén un libro de denuncia sobre o estado da infancia […]

'Morgana en Esmelle', Premio da Crítica 2012

Esta fin de semana, falláronse no Bierzo os Premios da Crítica española. A novela de Begoña Caamaño, 'Morgana en Esmelle', que só hai un par de semanas recibira o premio dos editores galegos como mellor obra de 2012, facíase co galardón a nivel estatal. O libro de Begoña Caamaño revisa algúns dos mitos da Materia […]

O libro 'Cociñando ao pé da letra' chega a Bucarest

Cando no seu día publicamos 'Cociñando ao pé da letra', volume que nos ofrece un curioso diálogo entre literatura e cociña ao poñer a 21 escritores e escritoras a cociñar, e a contárnolo de maneira literaria, xa se acolleu a publicación como un grande acontecemento. Agora, a mostra fotográfica, responsabilidade de Andrea Costas, chega a […]

Carlos Casares, o amigo das palabras

Coordinadas polo traballo de Rafael Laso Lorenzo, ofrecemos neste libro trinta e tres entrevistas realizadas a persoas que, por unha razón ou outra, coñeceron persoalmente a Carlos Casres. Tamén as voces daqueles que se achegaron a el a través da súa obra. Mulleres e homes de todos os eidos: médicos, escritores, críticos literarios, empresarios, profesores […]

O mundo que teño de meu

Vén de chegar ás librerías 'O mundo que teño de meu', de Álvaro Cunqueiro, en edición de Xosé-Henrique Costas e Iago Castro Buerger. Os artigos recompilados abranguen desde as súas colaboracións en A NOSA TERRA e NÓS, e os artigos anteriores á Guerra Civil publicados no xornal EL PUEBLO GALLEGO, ata os publicados na posguerra […]

Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño

Estes días está chegando ás librerías de todo o país a novidade editorial, dentro da nosa colección Letras Galegas, 'Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño', de Montse Pena Presas, responsable do texto, e Gonzalo Enríquez Veloso, autor do documental que acompaña o libro. Estamos diante dun […]