'O Principiño' cumpriu 70 anos

O pasado sábado, o clásico de Saint-Exupèry, 'O Principiño', cumpriu setenta anos, un libro que leva sete décadas facéndonos pensar na importancia daquelo que queremos, aínda que só sexa unha cativa flor nun asteroide, ou axudándonos a recuperar aquel neno que fomos e que, co tempo, esquecimos. A devoción por este libro dos lectores e […]
Fallouse o concurso INSPIRACIENCIA

Onte, na sede do CSIC en Barcelona reuniuose o xurado da terceira edición do concurso Inspiraciencia, certame que promove a creación literaria, que se convoca nas catro linguas e que na nosa lingua, a súa organización, corre a cargo da Editorial Galaxia. En reto representación da editorial galega acudiu o editor Francisco Castro. En total, […]
Ás veces quero morrer coa risa

'Ás veces quero morrer coa risa' conta a historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro termial. O protagonista non é capaz de pensar con claridade diante da tremenda realidade, nin entender por que ten que morrer tan novo con todo o que lle queda por vivir: ter noiva, o primeiro […]
Presentouse COCIÑAR CON ALGAS

A cociñeira Eva Crespo Vázquez presentou este martes, en Librouro, acompañada de Clemente Fernández Sáa, de Algamar e autor do limiar do libro, e do editor Francisco Castro, o libro 'Cociñar con algas', receitario que nos amosa a enorme cantidade de posibilidades culinarias que ten a froita do mar, as algas, material no que Galicia […]
Esta semana coñeceranse os gañadores de Inspiraciencia

Será o vindeiro xoves pola mañá, en Barcelona, cando se coñecerán os gañadores nas distintas modalidades no III Concurso de Relatos de Inspiración Científica, e no que se recibiron máis de 500 relatos procedentes de todo o estado. O concurso, que ten como obxectivo promover os relatos de inspiración científica e de pensar a ciencia […]
GALICIA CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Como todos os anos, arrinca abril en clave de literatura para os máis pequechos. Porque hoxe, 2 de abril, e como vén facéndose dende hai máis de catro décadas, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil que nos lembra a importancia que os libros, os bos libros, para os pequenos da casa, debe de ter […]
Máis edicións para máis Larpeiros

Se hai uns días celebrabamos que 'Novas receitas da cociña de Larpeiros' sobrepasara os 25.000 exemplares vendidos, agora estamos felices de informar de que veñen de entrar nos nosos almacéns novas edicións dos outros dous receitarios de Benigno Campos. 'Volve a cociña de Larpeiros' coñece agora a súa cuarta edición, mentres que 'A cociña de […]
No Día Mundial do Teatro, Galaxia publica 'Máquina Hamlet e outras pezas'

Hoxe, 27 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Teatro, e co gallo desa efeméride, Editorial Galaxia publica o libro de Heiner Müller, ' Máquina Hamlet e outras pezas', dentro da colección ESAD-Galicia, cun estudo introdutorio a cargo do profesor Alfonso Becerra de Becerreá. A obra do dramaturgo alemán sitúase entre […]