Fallouse o concurso INSPIRACIENCIA

Categoría: Nova

Onte, na sede do CSIC en Barcelona reuniuose o xurado da terceira edición do concurso Inspiraciencia, certame que promove a creación literaria, que se convoca nas catro linguas e que na nosa lingua, a súa organización, corre a cargo da Editorial Galaxia. En reto representación da editorial galega acudiu o editor Francisco Castro.
En total, presentáronse case que 500 orixinais nas catro linguas do estado. Falláronse as catro categorías, microrrelato e relato xuvenil, e o mesmo para adultos.
Os gañadores recibirán un eReader así como obradoiros de escrita, ao tempo que verán editada electronicamente os seus traballos. Premiados e finalistas serán convocados a un acto en Barcelona, na Biblioteca Sagrada Familia, o vindeiro 30 de abril, momento no que se farán públicos os nomes dos galardoados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email