Del Riego foi lembrado pola RAG na Penzol

Antes das 12.00 da mañá, na Praza da Princesa, xa tocaban diferentes pezas o Grupo de gaitas da Asociaciónde Veciños do Casco Vello, que foron os encargados de recibir o plenario da Real Academia Galega. Xa no interior da Casa Galega da Cultura o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta, e o alcalde da cidade […]
PLENARIO EXTRAORDINARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA NA SEDE DA FUNDACIÓN PENZOL

Co gallo do CENTENARIO DO NACEMENTO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, a Real Academia Galega vai celebrar un plenario extaordinario en homenaxe a quen foi o seu Presidente (1997-2001), no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura de Vigo, sede da Fundación Penzol, que tamén este ano celebra o seu 50º aniversario. PROGRAMA DE […]
Homenaxe a Marilar Aleixandre no Salón do Libro de Pontevedra

Como todos os anos, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil homenaxea a un autor ou autora a quen se lle recoñece toda a súa traxectoria. Durante todos os días de celebración do Salón, exhíbense distintos elementos relacionados coa súa obra e traxectoria, no caso de Marilar Aleixandre, moi profunda tanto a nivel de literatura […]
Editorial Galaxia publica 'O caderno de Ánxela'

Estes días chega ás librerías de todo o país, na súa versión galega, o libro de Raquel Ricart Leal, 'O caderno de Ánxela', volume que vén de entrar na Lista White Ravens que recoñece os mellores libros do mundo dos publicados en todas as linguas durante o ano. A historia lévanos á vida dunha rapaza […]
Tres obras de Galaxia, finalistas dos premios da AELG

O pasado venres a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega daba a coñecer os títulos das obras finalistas nas distintas categorías, é dicir, os libros máis votados polos socios e socias nos diferentes xéneros literarios. Tres obras de Galaxia atópanse entre as finalistas destes prestixiosos premios que se fallarán nunha gala no vindeiro […]
Nova edición para A VOZ DO LAGO

Estes días saiu do prelo a terceira edición da obra de Antón Riveiro Coello, 'A voz do lago' que publicamos na nosa Colección Árbore 12 anos. Estamos diante dunha historia con dúas protagonistas femininas: Irene e María. Irene é unha nena que vive nunha pequena vila a onde irá vivir María coa súa familia, xa […]
As virtudes da Cociña Atlántica

Moitas persoas non saben que o verde do mar tamén se pode cociñar. E que poden prepararse centos de pratos diferentes a base de algas que nos permitirán coñecer sabores novos con recendo a mar. Editorial Galaxia publica 'Cociñar con algas', de Eva Crespo Vázquez. Un libro que demostra que as receitas baseadas nas algas […]
Begoña Caamaño e Fina Casalderrey galardoadas na Noite da Edición

Como todos os anos, os profesionais da edición galega, abeirados pola AGE, reuníronse na noite do venres, nas instalacións do Hotel Mar de Vigo, para celebrar a súa Noite da Edición na que se recoñeceron os mellores traballos editados durante o ano ao tempo que se aproveitou a ocasión para gabar o traballo dalgunhas persoas […]