PLENARIO EXTRAORDINARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA NA SEDE DA FUNDACIÓN PENZOL

Categoría: Nova

Co gallo do CENTENARIO DO NACEMENTO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, a Real Academia Galega vai celebrar un plenario extaordinario en homenaxe a quen foi o seu Presidente (1997-2001), no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura de Vigo, sede da Fundación Penzol, que tamén este ano celebra o seu 50º aniversario.

PROGRAMA DE ACTOS

12:00 horas: Acollida aos membros da Real Academia Galega e ao público asistente coa actuación do Grupo de gaitas da Asociación
de Veciños do Casco Vello.

12:15 horas: Comenzo dos actos, actuando como mantedora Malores Villanueva, padroeira da Fundación Penzol:
– Benvida a cargo de Alfonso Zulueta de Haz, Presidente da Fundación Penzol.
– Recepción oficial a cargo de Abel Caballero Álvarez, Alcalde de Vigo

12:30 horas: Sesión plenaria pública da Real Acamedia Galega coa intervención dos académicos Ramón Lorenzo Vázquez, Xosé
Ramón Barreiro Fernández e Xesús Alonso Montero. Pechará o acto o Sr. Presidente interino da RAG, Xosé Luis Axeitos
Agrelo.

Remate dos actos coa lectura de textos e Himno galego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email