As virtudes da Cociña Atlántica

Categoría: Nova

Moitas persoas non saben que o verde do mar tamén se pode cociñar. E que poden prepararse centos de pratos diferentes a base de algas que nos permitirán coñecer sabores novos con recendo a mar.
Editorial Galaxia publica 'Cociñar con algas', de Eva Crespo Vázquez. Un libro que demostra que as receitas baseadas nas algas poden ser deliciosamente saborosas.
Neste libro, a cociñeira Eva Crespo Vázquez ofrécenos oitenta receitas na que as algas achegan un toque especial para conseguir un resultado exquisito. Con ela descubriremos as virtudes da "cociña atlántica" a partir de pratos moi variados e sinxelos, un mollo de propostas culinarias nas que o sabor e a saúde van da man e nas que se reivindica un produto galego cada día máis usado nas mellores cociñas do mundo.
Agora, a cociñar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email