Coma todos os anos a estas alturas de Marzo, onte abriu as súas portas a Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. E un ano máis, as novidades de Galaxia estarán presentes no espazo que os editores galegos teñen na Feira, a primeira do mundo no que á LIX se refire e na que participan milleiros de persoas relacionadas co sector editorial e na que, ademais de amosar ao mundo a produción propia do país, se fraguan contactos de tradución, venda de dereitos, adquisición de obras estranxeiras para o seu traslado ao noso catálogo…
Unha cita ineludible á que a cultura galega nunca falla.