Benxamín Casal, presidente de Editorial Galaxia, foi enterrado en Lugo na intimidade familiar

No sepelio, que tivo lugar na intimidade familiar o pasado sábado no cemiterio de San Froilán, acompañaron o corpo de Benxamín Casal os seus familiares, amigos e compañeiros e compañeiras de Editorial Galaxia e as Fundacións Penzol, Isla Couto e Otero Pedrayo, así como o presidente do Consello da Cultura Galega e o presidente da […]
Publicamos o libro-disco de Najla Shami dedicado a Rosalía de Castro

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país, o libro-disco de Najla Shami, dedicado a Rosalía de Castro, 'Na lingua que eu falo', un fermoso traballo musical ilustrado coas fotografías de Ainoa Calvo e na que Najla Shami musica algúns dos poemas de Rosalía ao tempo que nos ofrece temas de seu de […]
Finou en Lugo Benxamín Casal

Unha noticia triste. En pleno mes de agosto déixanos, de súpeto, Benxamín Casal Vila, presidente de Editorial Galaxia dende o ano 2012. Sucedera no posto a Xaime Isla Couto e, en gran medida, representaba a súa continuidade polo seu talante, pola súa xenerosidade, polo seu entusiasmo e a súa enorme curiosidade diante dos grandes desafíos […]
Un verán de libros

Na Editorial Galaxia marchamos, tamén, de vacacións ata os primeiros días de setembro e, como cada ano, queremos lembrar a importancia de 'agostear' entre palabras e libros de nós. Porque o verán é tempo, sempre, para facer as cousas que non se poden facer durante o ano ou, cando menos, aquelas á que nos gustaría […]
Concerto dobre de Mamá Cabra na Coruña

Onte, Pablo Díaz arrasou cun grande éxito na Semana da Música Infantil na Feira do Libro que a Editorial Galaxia organizou para a cita herculina con seis concertos seguidos, completamente de balde, cada día ás 20 horas, dirixido ao público familiar. Hoxe xoves, será Susa Herrera a encargada de deleitar a todas e todos os […]
Najla Shami presenta na Feira do Libro coruñesa «Na lingua que eu falo»

A cantante palestino-galega Najla Shami, presentou onte no marco da Feira do Libro, acompañada polos editores Víctor F. Freixanes e Francisco Castro, no ano do 150 aniversario de 'Cantares Gallegos', «Na lingua que eu falo», un libro-disco cun coidado deseño no que a cantante compostelá mestura a súa bagaxe cultural dos dous mundos coas súas […]
Presentouse 'Bágoa de lúa' na Coruña

A escritora Sabela González, acompañada polo editor Francisco Castro, presentaron o pasado venres na Feira do Libro da Coruña, o primeiro tomo da triloxía 'As crónicas de Landereina' que leva por título 'Bágoa de lúa'. A carpa encheuse para escoitar o que se falou sobre este libro que nos conta a historia da amazona Berenguela […]
Concerto de Susa Herrera na Feira do Libro da Coruña

A cantante Susa Herrera participará, dentro da Semana da Música Infantil na Feira do Libro da Coruña, nun concerto no que interpretará temas do seu libro-disco Animais EnCantadores. Despois do éxito no arranque deste ciclo de música infantil, a cargo de Uxía o luns e martes, a cantante Susa Herrera, unha das intérpretes que máis […]