Presentouse 'Bágoa de lúa' na Coruña

Categoría: Nova

A escritora Sabela González, acompañada polo editor Francisco Castro, presentaron o pasado venres na Feira do Libro da Coruña, o primeiro tomo da triloxía 'As crónicas de Landereina' que leva por título 'Bágoa de lúa'.
A carpa encheuse para escoitar o que se falou sobre este libro que nos conta a historia da amazona Berenguela nun lanzamento editorial que está a sorprender a público e crítica.
O acto foi retransmitido a través de Internet e vía twitter para todo o mundo, e queda en streaming, para a súa descarga, na ligazón á dereita destas páxinas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email