Benxamín Casal, presidente de Editorial Galaxia, foi enterrado en Lugo na intimidade familiar

Categoría: Nova

No sepelio, que tivo lugar na intimidade familiar o pasado sábado no cemiterio de San Froilán, acompañaron o corpo de Benxamín Casal os seus familiares, amigos e compañeiros e compañeiras de Editorial Galaxia e as Fundacións Penzol, Isla Couto e Otero Pedrayo, así como o presidente do Consello da Cultura Galega e o presidente da Real Academia Galega.
Xunto coa bandeira galega deixouse no cadeleito o derradeiro libro que publicou a nosa editora e un número da revista Grial no que Benxamín Casal publicou o seu derradeiro traballo: "Achegamento económico ao sector produtor do leite" (GRIAL, 194).

Comparte nas túas redes sociais ou por email