A cantante palestino-galega Najla Shami, presentou onte no marco da Feira do Libro, acompañada polos editores Víctor F. Freixanes e Francisco Castro, no ano do 150 aniversario de 'Cantares Gallegos', «Na lingua que eu falo», un libro-disco cun coidado deseño no que a cantante compostelá mestura a súa bagaxe cultural dos dous mundos coas súas influencias musicais. Najla Shami, reinterpreta sete poemas da autora compostelá en colaboración con músicos como Sérgio Tannus, Uxía ou Davide Salvado, entre outros, e completa a súa proposta con dúas composicións realizadas co poeta Xurxo Nóvoa Mártins e unha revisión do xa clásico «Negra sombra», que interpretou á guitarra durante a presentación de onte.