A Editorial Galaxia anuncia a publicación en galego do Ulises de Joyce

A Editorial Galaxia vai publicar neste derradeiro trimestre o Ulises de James Joyce. Durante oito anos, un equipo de tradutores composto por Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle, traballaron, coordinados por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, na versión en lingua galega dunha das grandes obras da narrativa contemporánea. Estamos […]
Os amigos de Buenos Aires visitan Galaxia

Volven a casa despois de catorce días en Galicia. Catorce días intensos, nos que percorreron o país e visitaron algunhas das institucións máis significativas da nosa cultura: dende a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega á Fundación Rosalía de Castro ou a casa de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba, a Insua dos […]
Novas edicións para Cunqueiro

O público de Álvaro Cunqueiro é, ademais dun lectorado fiel, un público que medra xeración tras xeración. Mais é normal: é ben difícil escapar do fermoso influxo e da beleza sostida nas páxinas soñadas polo señor de Mondoñedo. Iso explica que decote teñamos que reimprimir as súas obras, que se esgotan no mercado das librerías, […]
Segunda edición para 'Bágoa de lúa'

No mes de xullo a Editorial Galaxia publicaba o primeiro tomo da triloxía 'As crónicas de Landereina' de Sabela González e titulada 'Bágoa de lúa'. A pesar de ser o verán comercialmente unha época menor en vendas, este libro de debut da autora, enmarcado no xénero da Literatura Fantástica, conseguiu esgatar a súa primeira edición […]
Xosé Ramón Barreiro Fernández Premio da Crítica

Este sábado o profesor e investigador Xosé Ramón Barreiro Fernández resultou merecente do Premio da Crítica na modalidade de Investigación polo seu 'Murguía'. O xurado, formado por Patricia Fra López, Eulalia Agrelo Costas, Xosé Luís Axeitos, Francisco Campos Freire, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, María Pilar García Negro e María López Sández que actuou como secretaría, acordara […]
Terceira edición para María Fumaça

Estes días vai chegando á estación das librerías de Galicia e terceira edición de 'María Fumaça', un libro-disco-DVD, inspirado por Ruí e que concentrou a boa parte dos mellores músicos e interpretes deste país arredor dun proxecto de celebración da vida. Deben de ser moi poucos pequechos galegos os que non saiban como sigue esa […]
Convocado a XIII edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Na ligazón á dereita destas páxinas podes descargar o díptico coas Bases do XIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que convocan a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. Trátase dun dos […]
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 distingue a Luz Pozo Garza

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, determinou na reunión celebrada hoxe na Cidade da Cultura de Galicia os oito premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do seu labor nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Patrimonio Cultural, Proxección Exterior, […]