Convocado a XIII edición do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Categoría: Nova

Na ligazón á dereita destas páxinas podes descargar o díptico coas Bases do XIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que convocan a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. Trátase dun dos galardóns máis relevantes das ciencias sociais galegas.
O obra seleccionada -de entre 200.000 e 300.000 caracteres- será publicada na nosa colección de "Ensaio".
O prazo para a recepción de orixinais rematará o 15 de novembro do ano 2013 e a decisión do xurado, que terá carácter inapelable, darase a coñecer no transcurso do mes de decembro. O premio en metálico do galardón e de 3.000 euros.

Comparte nas túas redes sociais ou por email