Ignacio Vilar e Galaxia levan ao cine "A Esmorga" de Blanco Amor

O director de cine, Ignacio Vilar, e a Editorial Galaxia traballan para levar á pantalla cinematográfica a emblemática obra do escritor galego Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga", unha das obras máis vendidas e representativas da historia da literatura galega. A rodaxe comezará este mesmo mes de novembro de 2013, e prolongarase ata finais de marzo, […]

Najla Shami presentou 'Na lingua que eu falo' en Foz

O pasado xoves, a cantante Najla Shami presentou o seu novo libro-disco, 'Na lingua que eu falo', dedicado a Rosalía de Castro, acomapañada de Xurxo Nóvoa Martíns, prologuista da obra, e de Arturo Ponte, da Editorial Galaxia. Na ligazón á dereita destas páxinas deixámosvos a fotogalería do acto celebrado na Libería Bahía e que colgaron […]

Aos contos con María Solar en Betanzos

A escritora e xornalista María Solar manterá un encontro cos lectores e lectoras dos seus libros nunha actividade de animación titulada 'Da verdadeira historia da mosca da tele ás meigas de Lupa, pasando por un cento de historias'. Sen dúbida, unha boa ocasión para gozar dunha tarde diferente arredor da literatura coa creadora do libro, […]

A Editorial Galaxia, editorial colaboradora no Máster en Álbum Infantil Ilustrado

Este ano, vencellado a IlustraTour, a cita máis importante relacionada co mundo da Ilustración no Estado Español, bota a andar o programa académico do Máster en Álbum Infantil Ilustrado e no que colaboran case que trinta editoriais do Estado Español. A Editorial Galaxia é a única editorial galega que participa neste interesante proxecto que ten […]

'Rosalía pequeniña' en Carnota

A cantante Uxía achegarálle a obra de Rosalía de Castro aos máis pequenos no 150º aniversario da publicación da súa obra Cantares gallegos nun concerto con entrada libre e de balde. A ritmo de muiñeira, de blues ou de rock os nenos gozarán coas súas familias dun concerto divertido de alta calidade artística e aprenderán […]

Editorial Galaxia publica unha obra de Ana María Machado

Esta semana irá chegando ás librerías de todo o país unha obra que é moi importante para nós, pois é de Ana María Machado, un dos grandes nomes da literatura infantil e xuvenil do mundo e que agora, por fin, tamén está en galego. Publicamos 'Bisa, Bea, Bisa, Bel', en tradución de Ramón Nicolás e […]

Xa podes votar nos Premios Galegos da Música

Xa está aberto o prazo para votar aos mellores produtos musicais do panorama galego. A editorial Galaxia conta con catro traballos entre os candidatos a recibir algún dos galardóns nas diferentes categorías. Concretamente, 'María Fumaça' e 'Rosalía pequeniña' de Uxía, 'Na lingua que eu falo' de Najla Shami e 'Bicos de música' de Mamá Cabra […]

Lembranza do nomeamento de Francisco Fernández del Riego como Fillo Predilecto de Lourenzá

Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 2 de novembro, dous actos para lembrar o nomeamento de Francisco Fernández del Riego como fillo predilecto do concello. Na xornada inaugurarase unha exposición e haberá unha charla coloquio sobre o escritor laurentino. As actividades previstas para o vindeiro sábado están incluídas dentro da programación deste ano dedicado […]