'Rosalía pequeniña' en Vigo

O ano comezará con música en Vigo, coa actuación de Uxía co seu espectáculo 'Rosalía pequeniña', no Auditorio do Concello, en dous pases, ás 16.30 e ás 18.30, cun prezo moi económico de 6 euros para adultos e 4 para os pequenos da casa. 'Rosalía pequeniña' é un espectáculo musical, gravado por Uxía no libro-disco […]
Mamá Cabra na Coruña

Na cidade herculina o ano comezará coa proposta musical máis esperada, a actuación de Mamá Cabra interpretando os temas pertencentes ao seu novo traballo, asinado con Susa Herrera, e que vimos de publicar en Galaxia, 'Cartas que veñen e van'. O concerto será no Forum Metropolitano e as entradas oscilan, para os dous pases das […]
'O señor das Dunas' en Ourense

Este domingo, o espectáculo de animación con area, 'O señor das dunas' producido pola Editorial Galaxia e Adarme Visual, chegará ao Auditorio de Ourense ás 12 horas. O prezo das entradas é a partir de tres euros e poden mercarse a través do servizo de servinova.com 'O señor das dunas' é un espectáculo sorprendente, no […]
Propostas de agasallos en galego

É un tópico insistir en que un dos xeitos de coidar da nosa lingua e cultura é procurando que todos os elementos da nosa vida estean transversalmente enchoupados pola lingua. Neste sentido, adoitamos defender que unha maneira de apostar por nós, como país e cultura é apoiando o consumo en galego. Así, foi moi grato […]
Concerto de Pablo Díaz no Audiotiro de Vigo

O cantante Pablo Díaz e a súa banda, estarán este xoves, no Auditorio do Concello de Vigo, ás 16.30 e ás 18.30 para interpretar coa súa banda os temas do seu novo libro-disco, publicado en Galaxia, TOC TOC, un feixe de cancións cheas de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida os malos […]
Anxos Sumai recibe o García Barros

Cunha pequeña representación dos 'Contiños da Terra' de Manuel García Barros, o de "Xaquín, o pintureiro", a cargo de Gonzalo Valcárcel e o músico Juan Ruibal comenzaba o pasado venres a noite no Teatro Principal da Estrada a entrega do XXV Premio de Novela Manuel García Barros. Anxos Sumai reivindicou no seu discurso un reencontro […]
Dous libros de Galaxia, finalistas dos prestixiosos GOURMAND WORLD COOKBOOKS AWARDS 2013

'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane, e 'Cociñar con algas' de Eva Crespo Vázquez han sido elixidos como finalistas dentro dos GOURMAND WORLD COOKBOOKS AWARDS 2013 que recoñece os mellores libros de cociña do mundo. Os dous receitarios publicados pola nosa editorial, pasan agora á segunda parte do certame, os "GOURMAND BEST IN […]
Debate: 'Para que nos serve Galiza?' en Vigo

O vindeiro luns 23 de decembro ás 20,00 horas celebraremos un debate arredor da reflexión plantexada no libro de Xaime Subiela, 'Para que nos serve Galiza?'. Intervirán, xunta o autor: David Rodríguez, Miguel Barros e Ana Miranda. Organizan Galaxia e Nave das Ideas. A xornada celebrarase no Café DE CATRO A CATRO de Vigo, na […]