Concerto de Pablo Díaz no Audiotiro de Vigo

Categoría: Nova

O cantante Pablo Díaz e a súa banda, estarán este xoves, no Auditorio do Concello de Vigo, ás 16.30 e ás 18.30 para interpretar coa súa banda os temas do seu novo libro-disco, publicado en Galaxia, TOC TOC, un feixe de cancións cheas de ledicia, ilusión, amizade e compañeirismo, onde non teñen cabida os malos rollos e si a defensa do medio ambiente, a protección dos animais e todas esas cousas que nos axudan a facer un mundo mellor. Un disco pensado para toda a familia, e do que gozarán todas e todos, en especial os máis pequechos da casa, que non van parar de cantar e bailar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email